Feijóo destaca a tarefa de implantación de internet na Galicia interior

Durante a visita ás instalacións dunha explotación gandeira no Concello de Taboada, Feijóo afirmou que a Xunta -cun investimento de 100 millóns de euros- traballará para cumprir o obxectivo da Axenda Dixital 2014. “Imos a seguir levando internet onde non existe; a conquerir que o 100% das explotacións gandeiras, dos colexios públicos, das empresas, dos polígonos, etc. con independencia da súa localización, teñan acceso a internet e que, por fin, as infraestruturas do século vinteún cheguen a Galicia a tempo”.

O presidente da Xunta afirmou o pasado venres 26 de novembro neste municipio da comarca chantadina que  grazas ao Plan de Banda Larga, que fora presentado en Lugo hai un ano, 250.000 galegos máis terán acceso a internet a finais deste ano. O titular da Xunta afirmou que cando empezou este proxecto, fai oito meses, 750.000 galegos non tiñan acceso a internet e, hoxe, “podemos concretar que, a finais deste ano 2010, o 72% da poboación galega terá acceso a internet e a finais de 2011, o 82% dos galegos; e así iremos avanzando ata chegar ao 100% da poboación galega no 2014”.

O Presidente da Xunta e o conselleiro do Medio Rural na súa visita ás instalacións da granxa taboadesa Foto. Xoán Crespo

Feijóo subliñou a importancia de internet no rural, “clave –incidiu- para que calquera gandeiro poda realizar todos os trámites que precise sen saír da explotación; poda ter unha oficina virtual 24 horas, 365 días ao ano, para ter toda a información dispoñible e ter a posibilidade de tramitar todo o que necesite coa administración autonómica”.

No tocante á provincia de Lugo, o titular da Xunta destacou que “hai 35.000 lucenses que teñen internet e que antes non tiñan”, o que significa que “estamos dando acceso a internet a 1.700 núcleos de poboación que antes non o tiñan. Estamos actuando onde máis se necesita, na Galicia do interior, na Galicia agrícola para que podan traballar con máis ferramentas e con máis utilidade”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Movemento na corporación chantadina coa marcha de Dora Gómez do goberno local do PSOE

Seguinte Nova

Preparativos da nova edición do concurso de tapas en Sarria

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: