Crónica del sur de Lugo

A DEMOGRAFÍA RURAL A DEBATE EN BROLLÓN

A pérdida da poboación nos concellos do sur de Lugo constitúe unha problemática endémica, que comeza a tratarse en foros de debate abertos pola importancia da cuestión no futuro destes territorios. Recentemente, o Concello da Pobra do Brollón organizou unha xornada sobre as problemáticas sociais no ámbito rural, na procura da concienciación social sobre o avellantamento da poboación na comarca. Un centenar de persoas acudiron a esta xornada que tivo lugar no Centro Olga Novo. Sete especialistas de toda Galicia, en diversas disciplinas como a socioloxía, a enfermería e a xerontoloxía, abordaron cuestións relacionadas con este problema demográfico e a calidade de asistencia da poboación maior na comarca. Rematadas as ponencias, deuse paso a unha participativa mesa redonda aberta ó público.
Beatriz Díaz, traballadora social do Concello de Quiroga, explicou tódolos recursos sociais dirixidos ó colectivo de maiores contemplado no Sistema Galego de Atención á Dependencia. O director da residencia Geriatros de Chantada, José Manuel Solla comentou o funcionamento da residencia do Morín, que vai dar servizo a toda a zona sur de Lugo. Solla falou de 180 prazas públicas para persoas dependentes, con prezos que irán en función da capacidade económica do usuario, un programa individualizado para cada paciente e un acceso preferente a persoas que conten cun grado 2 e 3 de dependencia. Tamén adiantou que contará cun centro de día para persoas con alzheimer. Inmaculada Figueroa, directora do Centro de Día da Pobra do Brollón, explicou o funcionamento deste centro, que conta con 40 prazas cubertas na súa totalidade, e a súa dinámica diaria con especialistas en diversas disciplinas no coidado do paciente. Asimesmo, salientou que ó centro de día da Pobra poden acudir persoas doutros concellos limítrofes como Bóveda e Monforte.
Á xornada acudiron moitos coidadores de persoas dependentes que están a percibir axudas públicas, auxiliares de axuda no fogar contratados nos concellos da comarca, e tamén persoas maiores de 65 anos que están a beneficiarse dalgún recurso público. Segundo Laura Estrada, traballadora social no Concello da Pobra, a xornada “resultou moi satisfactoria porque moitos participantes sentíronse identificados cos síntomas que describían os poñentes durante o cuidado diario do paciente”, e salientou “a potenciación dos recursos de atención no medio rural”. O alcalde da Pobra do Brollón, José Luis Maceda, tamén fixo unha valoración moi positiva da xornada “cun elenco de poñentes de calidade, que puxeron de manifesto a grave situación demográfica que estamos a padecer”. O rexedor municipal salientou datos representativos do municipio como que as persoas maiores de 85 anos representan o 10 % da poboación de Brollón, e só contan con tres nenos de 0 a 4 anos. O finanzamento e a inauguración da xornada correu a cargo da Vicepresidencia Terceira da Deputación, que dirixe Mª Xosé Vega.

 

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio