Regulamento da publicidade no concello

Redacción- Monforte

A responsable de Facenda, Mª Xosé Vega Buján, anunciou os principais acordos aos que se chegou na xunta de goberno local. Un dos máis destacados, a proposta do equipo de goberno sobre as condicións para o aproveitamento con fins publicitarios dos espazos e instalacións públicas municipais, así como os prezos que se cobrarán por dito servizo. A proposta será debatida no vindeiro pleno. Deste xeito, con este novo regulamento, a partir de agora todos os anuncios que afecten á vía pública ou a equipamentos e instalacións municipais deberán someterse a esta normativa, agás as pancartas que se instalen puntualmente para anunciar determinados acontecementos. Entre os outros acordos, figuran a constitución definitiva das comisión informativas, composta por catro concelleiros do BNG, tres do PP e dous do PSOE; así como as notificacións que dende o Concello se están enviando aos propietarios de solares no casco urbán, para que procedan á limpeza dos mesmos, xa que “no caso de incumplimento procederase á correspondente sanción”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Grupos políticos e empresarios da cidade valoran o Acordo por Monforte

Seguinte Nova

Monforte celebrará unha nova edición da Festa do Río o vindeiro 30 de xullo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: