Novo equipo de fútbol sala na comarca de Lemos

Redacción – Monforte

Monforte conta dende hai uns días cunha nova asociación deportiva chamada A.D. Río Mao, que pese a que ten a súa sede no concello de Bóveda, iniciará a súa andadura na liga Provincial da Federación Galega de Fútbol Sala a vindeira tempada cunha plantilla na que figuran xogadores de ambos municipios. A Asociación Deportiva Rio Mao conta cunha directiva composta por Francisco Javier Domínguez, Luis José Senra, Jose Luis Vázquez, Abraham López, Miguel A. Domínguez, Oscar González e Juan Diéguez. Mentres tanto, o adestrador será Juan Diéguez. Asimesmo, os obxectivos para esta primeira tempada non serán outros que o de figurar na zona alta da táboa e ter unha toma de contacto coa categoría.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas monfortinos amosan o seu descontento ante o traslado da Oficina de Turismo

Seguinte Nova

Homenaxe aos vellos tempos do cine e á rosca de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: