María Xosé Vega Buján, responsable da área de Turismo en Monforte:

“No mes de xullo xa superamos a cifra de visitantes do ano pasado”

Redacción- Monforte

Metidos de cheo no verán, e pese a que as condicións climatolóxicas non acompañaron moito ata o de agora, o turismo en Monforte segue a medrar. Así o explicou a responsable desta área na cidade do Cabe, María Xosé Vega Buján, quen tamén asegurou que o mes de agosto será ainda mellor, e que o cambio de ubicación da oficina de turismo responde, entre outras cousas, a criterios de racionalización do gasto.

MªXosé Vega Buján, concelleira de Turismo de Monforte de Lemos. Arquivo EC.

¿Que previsións manexa en canto a cifras de visitantes para esta tempada?

Nun principio estamos tendo máis turistas que outros anos. O que me comunicaron dende o Centro do Viño é que están desbordados, e tamén na oficina de turismo. Pero bueno, a final de mes teremos as cifras concretas. Non obstante, nós como porta de entrada da Ribeira Sacra, que é Monforte, non estamos peor. Quero dicir que a percepción que temos é que este ano estamos máis fortes que hai un ano no mes de xullo, e agardamos que en agosto sexan cifras ainda máis elevadas, porque en agosto sempre houbo máis turismo en Monforte. Ademáis, debemos ter en conta que no mes de agosto sempre hai máis xente de vacacións.

¿Por que se trasladou a oficina de información turística ao Centro do Viño?

Bueno, primeiro porque nós na práctica estábamos tendo dous puntos de información turística, un era o Centro do Viño, que aparte de vender viño e facer visitas guiadas, tamén recibía turistas pedindo información; e outro eran as casitas. Así que por un tema de racionalización de efectivos e de racionalización do gasto público; e máis tendo en conta a nova de que a Xunta para este verán e tempada alta non prestaría a colaboración de persoal. Por todo isto provocamos o traslado antes de comezar a tempada alta. Poderíamos facelo en setembro, pero decidimos facelo antes. Isto por un lado. En segundo lugar, cando falo de que tíñamos dous puntos de información refírome a puntos presenciais; por iso que as casitas van a seguir sendo un punto de información, pero virtual cando a Xunta e o Consorcio de Turismo o poñan en marcha. Loxicamente isto vai a colmar a necesidade de ter unha información nese lugar; pero que non será presencial. E aparte de todo isto, cambiámola de lugar porque forma parte dun plan, dunha estratexia que é a de racionalizar e axustar o gasto, e ser máis eficaces. Así, as casitas vámolas a adicar a servizos municipais que xa daremos a coñecer. É dicir, que vamos a trasladar determinados servizos municipais de atención ao público ás casitas, xunto con ese punto de información turística virtual. Pero o que non vai a estar é o punto de información presencial porque non podemos ter esa duplicidade de puntos, e o Centro do Viño xa é ese punto presencial. Non hai concellos grandes que conten con ese nivel de oficinas de información presencial.

¿Cales son os principais reclamos da cidade nesta época do ano?

Na cidade, dende logo a Torre da Homenaxe segue sendo o principal reclamo. Ademáis, socioloxicamente é un punto de interese moi apto para todos os públicos, porque ata os nenos disfrutan visitando este lugar. E por suposto porque dende o mesmo obtéñense unhas vistas magníficas. Logo da Torre da Homenaxe, que é o que máis se demanda, están os museos, como o de Arte Sacro ou os Escolapios, nos que baixa un pouco a demanda. E por suposto o Centro do Viño que cada ano gaña máis adeptos.

¿Que perfil de visitantes ten Monforte?

Bueno, nós só coñecemos o perfil dos que se achegan á oficina de turismo, pero basándonos en iso, que ao cabo do ano son 20.000 persoas, as estadísticas dinnos que a maioría son primeiro galegos (entre un 50 e un 60%), sobre todo da Ribeira Sacra e provincia; e o resto fundamentalmente turistas de Madrid, Cataluña, País Vasco -que tamén medra-, algo de Valencia, e curiosamente tamén entra un pouco a zona norte de España. E iso sí, está en auxe o turismo de familia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Desconvocada a folga de limpeza trala sinatura definitiva do convenio

Seguinte Nova

Os socialistas monfortinos amosan o seu descontento ante o traslado da Oficina de Turismo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: