Crónica del sur de Lugo

Prórroga nas eleccións do Consello Regulador

Redacción- Monforte

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a prórroga dos mandatos dos órganos de goberno dos Consellos Reguladores de varias Denominacións de Orixe, entre elas a da Ribeira Sacra, debido á coincidencia do proceso electoral co período de vendima. Segundo o establecido na normativa vixente inicialmente, a convocatoria de eleccións debería realizarse entre os meses de maio e xullo deste ano para rematar o proceso entre tres e catro meses máis tarde, mais a realización do proceso nesas datas ocasionaría importantes problemas aos consellos reguladores. Este aprazamento prolongarase ata o día da toma de posesión dos novos vogais elixidos logo da convocatoria electoral, tendo como máximo unha duración dun ano, aínda que a previsión da consellería é que a convocatoria se realice xa no último trimestre deste ano.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio