En barca polo Cabe: Voltan a Monforte os paseos polo río todos os días da semana

Redacción- Monforte

Voltan os paseos en barca ao verán monfortino. Deste xeito, durante os meses de xullo, agosto e setembro o río Cabe é de novo o escenario dunha interesante e, ao mesmo tempo, divertida e refrescante actividade. Para estes paseos, pódense alugar as barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes, de luns a domingo, en horario de once da mañá a dúas do mediodía, e de seis da tarde a dez da noite, tan só por un prezo de tres euros a media hora.

A iniciativa dos paseos en barca polo río Cabe sempre tivo unha boa acollida entre todos os públicos. EC

NOVIDADES DO PROGRAMA PARA ESTE VERÁN

Trátase dunha actividade organizada e patrocinada pola Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, a Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira e a Asociación Cultural Casa do Barqueiro. Precisamente, dende esta asociación, Fernando Ibarra destacou varias novidades con respecto ao ano anterior; e é que se na pasada edición as barcas eran cinco, este ano aumentouse o número ata oito. Así mesmo, modificouse o horario de tarde, xa que en vez de ser de cinco a nove da tarde, este ano é de seis da tarde a dez da noite. En canto á acollida desta iniciativa, Ibarra sinalou que sempre foi moi boa. “Imaxínate, comezamos hai seis anos cunha soa barca e agora temos oito, así que a acollida sempre positiva e medrando”. Certo é que nos primeiros días desta actividade sempre é cando se rexistra menos xente, sen embargo, a final de temporada o balance é estupendo. “O ano pasado chegamos ás 1.187 viaxes, subir desta cifra xa sería algo increíble”. En canto ao perfil de xente que participa desta actividade, é de destacar que non hai un concreto. “O que sí soe pasar é que polas mañás veñan máis os turistas e os avós cos seus netos, e xa polas tardes, nas primeiras horas achéganse os mozos de 13 , 14 anos e en diante, e xa a última hora a xente que sae de traballar. Vamos, que ao cabo do día pasa xente moi distinta e de diferentes idades por aquí”.

2 Comments

  1. Este Fernando Ibarra ten fallos na memoria, pois eran bastantes máis de unha barca cando foron recuperados os paseos en Monforte, se cadra el non estaba tan activo ou escolle contar outra versión. Non nos estraña, en http://www.barcas.org pódese ver que ten outros deslices maiores, como entrar nas contas da asociación Barcas do Minho sen xustificar as retiradas de diñeiro, e quedarse con material daquela asociación. Está publicado, será que hai documentos, pero el segue á súa bola, asubiando… E mesmo no Concello de Monforte parecen encantados, será da súa corda política, sendo curioso que este ano convidan para a Festa do Río do día 30 de a asociacións galegas e portuguesas, esquecendo xustamente á máis próxima, Barcas do Minho, que nos seis últimos anos organizou as actividades. Será tamén falta de memoria no Concello de Monforte ou será unha tapadeira das aventuras de Fernando Ibarra e Cía…

  2. Se o publicado por barcas do miño é certo, que se non o fora estarían denunciados por difamación pública, algún de monforte que colabora cos de chantada debería estarlle caendo a cara de vergoña!!!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sogama compromete melloras para a xestión das 500 toneladas de lixo que soporta a pranta de Sarria cada mes

Seguinte Nova

Aprender inglés máis alá das clases

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: