A Xunta gaba a aposta da Fundación Belarmino Fernández pola formación de calidade e pola mellora da competitividade no rural

O conselleiro Francisco Conde conversa co alumnado da Escola de Hostalería que dirixe en Sober a Fundación Belarmino Fernández. GPXG

A mediados de marzo, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións da Fundación Belarmino Fernández, situadas no municipio de Sober. O titular autonómico agradeceu a esta institución privada “a súa contribución ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia”.
Conde destacou a aposta que a Fundación soberina realiza pola formación, a través da Escola Superior de Hostalería, “para brindar un futuro á mocidade galega, e como factor de competitividade para o rural galego”, ademais de avanzar na “internacionalización a través do impulso da Marca Galicia”.
Na súa visita a Sober, o vicepresidente económico puxo en valor que a Fundación Belarmino Fernández teña o único centro formativo da Ribeira Sacra con viñedo e adega propios, ademais de dispoñer dos mellores avances no eido da restauración, laboratorio e sala de catas. Así mesmo, Conde gabou a figura e o traballo de Belarmino Fernández Iglesias, impulsor deste complexo formativo, único polas súas características.
Para unir os esforzos dende os eidos público e privado no rural, o vicepresidente económico lembrou en Sober que a Xunta ten comprometido un investimento de 1,8 millóns de euros para consolidar este territorio como destino turístico do Camiño de Inverno e apuntalar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.•

Conde visitou a adega que ten a Fundación Belarmino Fernández, acompañado polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. GPXG

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 400.000 euros para o proxecto de rehabilitación do Colexio do Cardeal de Monforte

Seguinte Nova

Quiroga deseña novos formatos festivos para enxalzar os seus produtos en tempos de pandemia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: