Adxudicadas por máis de 455.000 euros as obras en tres estradas entre Paradela e O Saviñao

Rolda de prensa do presidente da Deputación, José Tomé, e a voceira socialista no organismo provincial, Pilar García Porto. GPDL

A Deputación de Lugo vén de aprobar, a mediados de marzo, a adxudicación do contrato das obras para renovar máis de 12 quilómetros en tres estradas que comunican o concello de Paradela e O Saviñao por Currelos. O montante global da adxudicación supera os 455.000 euros, e afecta ás estradas LU-P-4201, LU-P-4205 e LU-P-5818.

DETALLE DAS OBRAS
Na rolda de prensa na que se comunicou a adxudicación definitiva, o presidente da Deputación e responsable de Xestión Territorial, José Tomé, destacou que estas obras completan a mellora da conexión entre Paradela e Currelos, xa que o organismo provincial actuou hai pouco no tramo que vai de Currelos á capitalidade do Saviñao.
Tomé precisou o detalle das obras, que na LU-P-4201 entre Pacios e Mosteirovello afecta a 2,5 quilómetros, divididos en tres treitos. O vial, que dá servizo a unha parte importante da veciñanza de Paradela, reformarase dende o quilómetro 0 ata o 1,2, así como do 1,4 ata o 1,8, para rematar con obras no treito entre o quilómetro 3,4 e o 4,2.
Por outra banda, serán tres quilómetros e medio os arranxados na LU-P-4205 entre os núcleos de Aldosende e Foilebar por Feasita, entre os puntos quilométricos 2,331 e 5,924.
Finalmente, o proxecto abrangue o arranxo da LU-P-5818 dende a intersección co vial provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Tomé salientou que esta obra beneficiará á veciñanza das parroquias de Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo, que suman un importante número de habitantes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio da Área de Deportes da Deputación para manter a tradición do xogo de birlos en Pantón

Seguinte Nova

O programa «IlustrarNÓS» da Vicepresidencia da Deputación achega as artes gráficas e a ilustración aos centros educativos de 15 concellos lucenses

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: