Apoio da Área de Deportes da Deputación para manter a tradición do xogo de birlos en Pantón

Efrén Castro, responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo. (Arquivo EC)

A Asociación Veciñal San Fiz de Cangas, no municipio de Pantón, contará co apoio da Área de Deportes da Deputación para manter a tradición do xogo de birlos.

CAMPO DE HERBA NATURAL QUE PRECISA COIDADOS CONSTANTES
A mediados deste mes, o deputado de Deportes, o nacionalista Efrén Castro, achegouse a esta parroquia para reunirse cos responsables deste colectivo veciñal. Castro comprometeuse a facilitar o mantemento do campo de xogo, anexo ao local social deste colectivo. O campo é unha superficie de herba natural que esixe un coidado continuo para poder practicar este deporte tradicional. O xogo dos birlos ten regras específicas en diversas áreas de Galicia, con especial arraigo nesta parroquia pantonesa, que ten liga propia dende 2007.

XOGO TRADICIONAL QUE REÚNE A DIFERENTES XERACIÓNS
O nacionalista Efrén Castro afirmou en Pantón que «se tramitará unha achega para que a asociación poida adquirir un cortacéspede que facilite o mantemento do campo e a continuidade deste xogo tradicional», resaltando a importancia desta modalidade deportiva «capaz de reunir a diferentes xeracións».
Na visita que Efrén Castro realizou a Pantón este mes, reuniuse co alcalde, José Luis Álvarez, para abordar a posibilidade de que a Área de Deportes da Deputación colabore na mellora do pavillón deportivo. Este espazo acollía, ata que comezou a pandemia, as actividades das escolas deportivas municipais, e os encontros que organizan os colectivos veciñais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A piscina municipal de Monforte retoma a súa axenda de actividades

Seguinte Nova

Adxudicadas por máis de 455.000 euros as obras en tres estradas entre Paradela e O Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: