Monforte estrea a nova pista de skate no Parque da Compañía

Membros do Goberno local, co alcalde no centro da imaxe, na inauguración da nova pista de skate no Parque da Compañía de Monforte, o pasado 20 de marzo. GPCM

Monforte conta cunha nova instalación deportiva no centro da cidade, pensada para a práctica de modalidades urbanas. A nova pista de skate está ubicada no Parque da Compañía, na parte media do extremo sur, e ocupa unha superficie de case 253 metros cadrados. O equipo de Goberno procedeu á súa inauguración o pasado 20 de marzo, data na que se deron a coñecer os detalles desta nova instalación deportiva.
A pista de skate está dotada cunha combinación de rampas e tobogáns, tubos e raíles de tipo grindrails, o que fará posible que os afeccionados realicen gran variedade de movementos.
Nas obras, o Concello investiu arredor de 64.700 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adif investirá 546 millóns de euros en tres anos para modernizar a liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo

Seguinte Nova

A piscina municipal de Monforte retoma a súa axenda de actividades

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: