Adxudicados os traballos de restauración da igrexa de San Vicente de Pombeiro en Pantón

• O importe final do proxecto supera os 260.000 euros, cun prazo de execución de seis meses

Imaxe da igrexa de San Vicente de Pombeiro, no municipio de Pantón, considerada unha das xoias do románico de Galicia. GPXG

A posta a punto e recuperación do patrimonio monumental da Ribeira Sacra continúa con novas medidas, nun ano no que se decidirá a súa posible incorporación ao listado de territorios Patrimonio da Humanidade da Unesco.

BEN DE INTERESE CULTURAL DE GALICIA E XOIA DO ROMÁNICO DA COMUNIDADE
Este mes, a Xunta adxudicou as obras de restauración da igrexa de San Vicente de Pombeiro, en Pantón, por un importe que supera os 260.000 euros. Dende a Consellería de Cultura destacaron a importancia desta actuación, para poñer en valor un inmoble que goza da consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), e que constitúe unha das xoias do patrimonio da Ribeira Sacra e do románico de Galicia.

REDUCIÓN DAS HUMIDADES, MELLOR VENTILACIÓN E MÁIS ACCESIBILIDADE
O proxecto inclúe medidas para a eliminación de humidades no recinto, ademais de mellorar a accesibilidade a este conxunto patrimonial. Con este fin, vaise substituir a actual cuberta, eliminando tamén as humidades na base dos muros e cambiando a carpinteiría nas ventás para garantir a ventilación. Tamén se renovarán os rexuntados das fachadas exteriores, cambiarase a porta de entrada e peche para reordenar a sancristía, ademais de renovar o pavimento no espazo do adro, facilitando así a accesibilidade.
Os responsables autonómicos sinalaron que esta actuación englóbase no paquete de 4,5 millóns de euros que a Xunta leva destinados á recuperación do patrimonio da Ribeira Sacra dende 2017. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio da Deputación á nova Fundación Agroalimentaria Galega para impulsar o sector primario da provincia

Seguinte Nova

Máis de 400 visitantes desfrutaron das rutas dos catamaráns da Deputación na ponte de San Xosé

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: