Xornada de prevención forestal

Redacción- Chantada

Imaxe da xornada formativa organizada por ASAJA Chantada. (Foto cedida por ASAJA)

A oficina de Xóvenes Agricultores de Chantada acolleu unha xornada técnica de “Prevención de riscos laborais no sector produtivo forestal galego”, á que asistiron máis de 50 persoas. Trátase dunha xornada patrocinada pola Consellería do Medio Rural, que tivo como obxectivo transmitir a importancia da prevención dende dúas perspectivas: laboral e contra os incendios. Expertos na materia aportaron así as súas reflexións e experiencias sobre puntos como a prevención de riscos laborais nos traballos forestais en comunidades de montes veciñais en Man Común; sobre o sector produtivo madeireiro en Galicia, a biomasa e a prevención de riscos nos aproveitamentos; así como o papel das asociacións na prevención de riscos e na extinción de incendios, entre outros temas. Finalmente, a xornada rematou cun amplo coloquio en torno aos puntos máis destacados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ICOS informa dos beneficios e da marcha da cooperativa aos seus asociados

Seguinte Nova

Barricas de carballo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: