As subvencións para os proxectos dos GDR ábrense á recuperación de terras agrarias

Reunión en Bóveda da directora de Agader, Inés Santé, cos representantes dos seis GDR lucenses, en presenza do alcalde de Bóveda, o delegado da Xunta en Lugo, e o xerente do GDR Ribeira Sacra- Courel, a finais do mes pasado. GPXG

A Xunta ten intención de implicar aos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) na posta en marcha de ferramentas para recuperar o terreo agrario e forestal. Esta medida lembrouna a directora de Agader, Inés Santé, no encontro que mantivo de xeito semipresencial dende Bóveda cos representantes dos seis GDR lucenses.
Santé aproveitou o encontro para explicar os detalles da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que se está a debater no Parlamento. Ademais, Santé recalcou o importante papel dos GDR no impulso e reforzo de iniciativas como os polígonos forestais, as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta. A directora de Agader salientou que a futura lei promoverá a recuperación da terra abandonada ou infrautilizada para darlle base territorial a quen a queira traballar.
Santé lembrou tamén que os fondos Leader destinan case 23 millóns aos proxectos dos 24 GDR da comunidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Albergue de Portomarín acollerá a Copa de España de piragüismo infantil en xuño

Seguinte Nova

Sober acolleu a estrea mundial da peza «Cinco miniaturas machadianas» coa presenza do seu compositor, Juan Durán

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: