A Xunta destaca o labor do piloto monfortino Eduardo Iglesias na promoción de Galicia Calidade no Rally Dakar

O piloto monfortino Eduardo Iglesias, na recepción ofrecida polo conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o pasado 7 de marzo en Santiago de Compostela. GPXG

O piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias reforzou a súa marca persoal na pasada edición do Rally Dakar, mellorando co seu posto 53 no ranking xeral os resultados obtidos na competición de 2019. Na proba celebrada o pasado mes de xaneiro, o monfortino contribuiu a proxectar a imaxe da nosa comunidade ao ámbito internacional a través deste encontro deportivo.
Para felicitar a Iglesias polo seu traballo de promoción internacional das marcas Galicia Calidade e Xacobeo 2021, o piloto foi recibido en Santiago este mes polo conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. Iglesias contou co apoio da Xunta, entre outras administracións e entidades, para participar no Rally Dakar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte quedará libre de barreiras arquitectónicas en espazos públicos a finais de ano

Seguinte Nova

O Incio proxecta ofrecer un programa de rutas de trail e todoterreos combinando natureza, deporte e cultura

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: