O alcalde de Quiroga revisou coa conselleira de Medio Ambiente e Territorio medidas para impulsar o municipio

•Na xuntanza telemática tratáronse aspectos relacionados coa vivenda e o urbanismo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na reunión co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, realizada por videoconferencia a mediados de febreiro. GPXG

A colaboración económica da Xunta para mellorar das dotacións de servizos municipais e espazos públicos de Quiroga centrou a reunión mantida a mediados deste mes polo alcalde deste municipio, Julio Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

MELLORA DE EQUIPAMENTOS E DE ESPAZOS URBANOS
No encontro, que se desenvolveu por vía telemática, a titular autonómica respondeu ás demandas de dotacións municipais por parte do rexedor quirogués, lembrando que a Xunta destina este ano máis de 7,4 millóns de euros para crear ou arranxar equipamentos, e humanizar espazos urbanos.
Así mesmo, Quiroga poderá acollerse á nova orde de axudas que a Xunta convoca en marzo para crear ou mellorar infraestruturas en concellos de menos de 20.000 habitantes. No bienio que agora comeza, o Executivo galego destina a este fin 2,3 millóns.
Na reunión, fíxose balance dos investimentos do Plan Hurbe da Xunta de Galicia en Quiroga, que se materializaron nun convenio por máis de 110.000 euros en 2016, e outro de case 54.000 euros en 2019, para remodelar espazos públicos urbanos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A axenda cultural da Vicepresidencia da Deputación pechou 2020 con 280 actividades ao longo da provincia

Seguinte Nova

Publicidade

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: