Apoio institucional aos guías de turismo para crear novos produtos vinculados ao Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago configúrase como unha oportunidade para a recuperación económica dos diversos axentes vinculados ao sector turístico. (Foto: Adobe iStock)

A Xunta asinará coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia un convenio, dotado de 170.000 euros, para a creación de novos produtos turísticos en localizacións dos Camiños de Santiago e vinculados ao Xacobeo.
Así o anunciou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión mantida cos representantes deste colectivos a mediados de febreiro.
Na xuntanza, na que tamén estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o titular autonómico destacou «o importante papel» dos guías de turismo neste Xacobeo, «como unha das principais cartas de presentación do turismo galego».
Entre as medidas subvencionables, están a metade do custo de visitas guiadas a localidades xacobeas, un concurso de ideas en concellos con alternativas para os peregrinos, e a posta en marcha da ferramenta informática «Descubre os Camiños» con todas as actividades dos guías nos diversos municipios xacobeos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As novas axudas da Xunta cubrirán o total dos gastos de persoal dos Centros de Información á Muller de Lugo

Seguinte Nova

Teatro e intervencións artísticas todo o ano para celebrar o Día de Rosalía polos concellos lucenses

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: