Suspendida a ruta de Belesar pobo debido á baixada do nivel de auga

Redacción- Chantada

A área de Turismo da Deputación de Lugo ven de suspender a ruta de catamarán con saída en Belesar pobo, debido ao descenso do nivel de auga do río Miño á altura dos Peares. Polo momento, a ruta quedou suspendida ata que as circunstancias de caudal do río permitan de novo tanto a navegación como o emprego do embarcadoiro de Belesar en condicións de seguridade. Asimesmo, dende a área de Turismo sinalaron que o motivo do peche desta ruta fluvial responde a unha situación totalmente allea á vontade da institución, e diante da cal a Deputación de Lugo “non ten o mínimo marxe de maniobra, como é a existencia dun caudal insuficiente para a navegación dos catamaráns”, explicaron. Malia a suspensión desta ruta, con saída do embarcadoiro de Belesar e chegada no embarcadoiro de Maiorga, permanecen operativas as outras tres rutas fluviais pertencentes á Deputación de Lugo: como son a de Os Peares-Maiorga e Os Robles, no Miño; máis a de Doade, no Sil. Non obstante, aínda que o resto de rutas seguen a funcionar con normalidade, se a situación de baixada do nivel de auga continúa a ser unha constante en semanas vindeiras, dende o organismo provincial tamén engadiron que podería ter que chegarse a pechar a ruta con saída dos Peares.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Estrea da nova corporación de Chantada

Seguinte Nova

ICOS informa dos beneficios e da marcha da cooperativa aos seus asociados

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: