Colaboración da Xunta para o desenvolvemento das actividades da Federación Galega de Espeleoloxía

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e os representantes da Federación Galega de Espeleoloxía, no Centro Español de Documentación Espeleolóxica en Mondoñedo. GPDTL

A espeleoloxía galega terá o apoio da Xunta para desenvolver actividades durante este ano. A Secretaría Xeral para o Deporte destinou a esta partida algo máis de 26.000 euros, que se adicarán á prática deportiva en si e tamén á promoción desta especialidade.
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na súa visita á sede do Centro Español de Documentación Espeleolóxica en Mondoñedo, a achega financiará as remuneracións do persoal técnico e a compra do material deportivo, así como os gastos de asistencia ás competicións, entre outros conceptos.
Arias salientou a importancia de contar cunha entidade como o Centro Español de Documentación Espeleolóxica na provincia de Lugo, territorio «que ofrece un marco extraordinario» para practicar este deporte. Ademais, o delegado territorial da Xunta lembrou que a Federación ten entre os seus proxectos a elaboración dun Atlas galego de cavidades e canóns, ao que se destinará o 46,7% da aportación económica da Xunta. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda ofrece á veciñanza un novo servizo de asesoramento en emprego e emprendemento

Seguinte Nova

Novas medidas de uso dos espazos deportivos municipais en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: