A Xunta apoiou con 78.300 euros sete proxectos para embelecer o Camiño de Inverno en Chantada, Pantón, Quiroga, Monforte, O Saviñao e A Pobra do Brollón

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, supervisan unha das obras financiadas coas subvencións da Xunta para embelecer o Camiño. GPXG

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo destinou 78.300 euros para sete proxectos paisaxísticos e de embelecemento de bens e recursos situados no tramo do sur lucense do Camiño de Inverno.

CATRO PROXECTOS MUNICIPAIS E TRES DE PARTICULARES
A relación de proxectos subvencionados inclúe a conservación de Ponte de Barxa e mellora dun tramo do Camiño por parte do Concello da Pobra do Brollón, a contorna da escola de Montecelo-Diomondi polo Concello do Saviñao, e a contorna do centro social de Reigada polo Concello de Monforte. Xunto a estas iniciativas municipais, a Xunta tamén subvencionou accións promovidas por particulares en Chantada para rescatar dous hórreos, o arranxo dun muíño en Quiroga, e o acondicionamento dun muro de peche en Pantón.

O SUR CONCENTROU CASE O 20% DAS AXUDAS DE 2020
No total da provincia de Lugo, as achegas da Xunta suman 402.000 euros para desenvolver 41 proxectos nos distintos Camiños de Santiago. Deste importe, que se corresponde coas subvencións aprobadas para 2020, case o 20% destináronse ao sur lucense.

NOVA CONVOCATORIA CON 1,5 MILLÓNS DE EUROS
Para a presente anualidade, a Xunta ten unha nova convocatoria deste programa, con prazo de solicitude aberto ata o 4 de marzo. Ademais, aumentouse o orzamento ata os 1,5 millóns de euros para consolidar a boa imaxe das rutas xacobeas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adiantan ao 19 de marzo o arranque da tempada das rutas de catamarán pola Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Bóveda ofrece á veciñanza un novo servizo de asesoramento en emprego e emprendemento

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: