178 deportistas lucenses beneficiáronse das axudas da Área de Deportes da Deputación

Imaxe de arquivo dunha rolda de prensa do deputado responsable da Área de Deportes, o nacionalista Efrén Castro. GPVDL

A finais de xaneiro, o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou a relación de 178 deportistas que recibiron as achegas individuais convocadas pola Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación. Cada bolsa oscila entre os 300 e os 1.500 euros, segundo os méritos deportivos acreditados.

DEPORTISTAS PREMIADOS EN 20 MODALIDADES
Segundo explicaron dende a Área de Deportes, da que se encarga o nacionalista Efrén Castro, foron 20 as modalidades que contaron con deportistas premiados a nivel individual. A modalidade con máis premiados foi atletismo, con 67, seguida por piragüismo con 26, e pentatlón moderno, con 19. En tiro olímpico houbo 12, mentres que foron 10 deportistas os premiados tanto en natación como en judo. Pola súa banda, taekwondo sumou 9 deportistas con recoñecemento.
Castro salientou que estas axudas «buscan sufragar os gastos dos deportistas nas competicións, ao tempo que incentivar e recompensar o seu esforzo». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta mantén este ano o importe dos convenios coas Federacións Deportivas, a pesar do descenso da actividade

Seguinte Nova

Conta atrás para o inicio da tempada de pesca fluvial en Galicia

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: