Impulso á empresa, proxectos medioambientais e máis medios contra a pandemia centraron a reunión do presidente da Xunta e o alcalde de Bóveda

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu no seu despacho ao alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López, o pasado 2 de febreiro. GPXG

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, mantivo a comezos de febreiro unha reunión en Santiago co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que se abordaron asuntos de interese para o municipio.

NOVA LEI PARA DAR SEGURIDADE XURÍDICA Á RECUPERACIÓN DE TERRAS BALEIRAS
Entre as cuestións tratadas, estivo a xestión dos recursos agrarios da contorna. En concreto, Feijóo avanzou que a próxima aprobación da Lei de recuperación de terras agrarias de Galicia ofrecerá garantía xurídica para retomar o proxecto que regula os usos das terras do regadío do Val de Lemos. Na actualidade, hai particulares que están interesados en poñer en valor parcelas hoxe improdutivas, e esta ferramenta xurídica podería impulsar o aproveitamento do rural e o impulso demográfico.

AXUDAS PARA UNHA NAVE LOXÍSTICA E PARA POTENCIAR O VIVEIRO FORESTAL
Pola súa banda, Arias planteou ao mandatario autonómico o estado da solicitude dunha axuda para unha nave loxística no parque empresarial, e para impulsar os usos do viveiro forestal Os Trollos.
No encontro co alcalde de Bóveda, Núñez Feijóo destacou a colaboración existente entre o Executivo autonómico e o Concello de Bóveda para a xestión da pandemia e a protección de cidadáns e traballadores, coa recepción do material enviado pola Administración autonómica en varias entregas de máscaras, xel hidroalcohólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O novo bus urbano de Monforte suma un 140% máis de usuarios no seu primeiro ano

Seguinte Nova

Renovación dos traxes de protección para o persoal do Consorcio de Bombeiros

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: