O novo bus urbano de Monforte suma un 140% máis de usuarios no seu primeiro ano

Foto de arquivo da presentación, o 1 de febreiro de 2020, do novo bus urbano, coa presenza do equipo de Goberno do Concello de Monforte. GPCM

O novo servizo de bus urbano gratuíto que o Concello de Monforte puxo en marcha hai un ano vén de sumar 34.655 viaxeiros. Esta cifra supón un aumento dun 140% no número de usuarios respecto ao servizo de transporte que estaba en funcionamento en 2019. «Dende o Concello estamos moi satisfeitos por estes datos», explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, «e tamén pola positiva valoración que os veciños fan deste servizo». O rexedor local afirmou que este «éxito» do novo transporte urbano gratuíto «tradúcese nun incremento de uso moi significativo se o comparamos con anos anteriores».
No cómputo hai que ter en conta que o servizo de bus estivo suspendido entre o 14 de marzo e o 10 de maio de 2020, polo estado de alarma.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás para a convocatoria de 2,3 millóns de euros en axudas con destino aos pequenos concellos

Seguinte Nova

Impulso á empresa, proxectos medioambientais e máis medios contra a pandemia centraron a reunión do presidente da Xunta e o alcalde de Bóveda

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: