Máis de un millón de euros para arranxar 11 estradas provinciais, tres delas na zona sur

Foto de arquivo dunha rolda de prensa do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. GPDL

A Deputación vén de aprobar, a comezos de febreiro, actuacións para mellorar 11 estradas de titularidade provincial por un importe que supera o millón de euros. Os treitos nos que se vai traballar discorren por unha decena de municipios, entre os que están Sober, Bóveda e O Saviñao.

CASE 100.000 EUROS PARA UN TREITO DA ESTRADA ENTRE SOBER E DOADE
O organismo provincial adxudicou en 97.385 euros as obras de acondicionamento dun quilómetro da estrada LU-P-5903 entre Sober e Doade. As obras teñen un prazo de execución de nove meses. O presidente da Deputación, José Tomé, destacou que este é un dos tres tramos que unen Sober coa estrada autonómica de Monforte a Castro Caldelas pendentes de acondicionar. Tomé salientou «a relevancia económica e social» desta obra, xa que a estrada pasa pola parroquia de Amandi e dá servizo á veciñanza e aos numerosos visitantes que se achegan a esta subzona vitivinícola da Ribeira Sacra.

REMANENTE DO PLAN ÚNICO 2020 PARA ESTRADAS NO SAVIÑAO
No referente ao Saviñao, aprobouse aplicar os remanentes producidos na adxudicación de investimentos que iban inicialmente no Plan Único 2020 para financiar agora o arranxo dunha ducia de estradas. O importe acada os 37.651 euros. A maiores, a Deputación inviste 133.100 euros en acondicionar case tres quilómetros da LU-P-3202 entre Monforte e Currelos, logo de aprobar este mes o Plan de Seguridade e Saúde previo ao inicio dos traballos.

93.000 EUROS PARA TRES QUILÓMETROS EN BÓVEDA
Por último, a Deputación deu luz verde ao arranque dos traballos na estrada LU-P-0907, entre a parroquia de Teilán en Bóveda e o concello de Paradela. A obra servirá para arranxar o firme nun total de tres quilómetros, cun importe que supera os 93.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fachadas institucionais e edificios emblemáticos tinguíronse de verde no Día Mundial Contra o Cancro

Seguinte Nova

O cribado no sur de Lugo chegou a 6.500 persoas de Monforte, Sarria e Quiroga

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: