Fachadas institucionais e edificios emblemáticos tinguíronse de verde no Día Mundial Contra o Cancro

Un ano máis, a Torre da Homenaxe iluminouse de verde no Día Mundial Contra o Cancro. (Foto: MONTERO).

En febreiro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro, con actos en apoio ás asociacións e entidades que loitan contra esta enfermidade. A Asociación Española Contra el Cáncer é unha das organizacións máis dinámicas neste sentido, organizando eventos para acadar fondos cos que atender aos enfermos e promover a investigación.
Para apoiar o seu labor, a Deputación de Lugo iluminou de xeito simbólico a fachada da súa sede coa cor verde, iniciativa que tamén seguiron outras administracións, como o Concello de Monforte, que tinguiu de verde a Torre da Homenaxe, o seu edificio máis representativo. Ademais, as redes sociais da Deputación deron visibilidade ao hashtag da Asociación Española Contra el Cáncer, #AcuerdoContraelCáncer, e con el aos afectados por esta enfermidade, que suma máis de 275.000 novos casos cada ano en España.
Así mesmo, o organismo provincial asinou un convenio con esta Asociación, para aportar 12.000 euros cos que financiar equipamento e mobiliario dun espazo de atención a enfermos de cáncer e aos seus familiares.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES-Sarria celebra o San Valentín coa campaña «Namórate da Hostalería»

Seguinte Nova

Máis de un millón de euros para arranxar 11 estradas provinciais, tres delas na zona sur

Últimas noticias sobre AXENDA

A %d blogueros les gusta esto: