ACES-Sarria celebra o San Valentín coa campaña «Namórate da Hostalería»

Cartel promocional da nova campaña de ACES-Sarria para animar a celebración do San Valentín. (Foto: ACES-Sarria)

Do 4 ao 14 de febreiro, ACES-Sarria ten en marcha a campaña «Namórate da Hostalería», para animar á veciñanza a comprar no comercio local, ao tempo que se dá apoio á hostalería da vila xacobea.

SORTEO DE CATRO CEAS PARA DÚAS PERSOAS, CON DATA A ESCOLLER AO LONGO DE TODO O ANO
Durante o periodo de campaña, os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado de Sarria participarán no sorteo de catro ceas para dúas persoas nos establecementos asociados Cafetería El Parisién, Hotel Alfonso IX, Restaurante O’Descanso e Restaurante Roma.
Debido á situación de crise sanitaria e restrición hostaleiras, as persoas que resulten gañadoras terán todo o ano 2021 para escoller a data na que queren desfrutar da súa cea. Os nomes dos afortunados no sorteo da campaña «Namórate da Hostalería» daranse a coñecer o mércores 17 de febreiro.

CAMPAÑA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE SARRIA
Con esta campaña promocional, dende ACES-Sarria queren amosar «o noso apoio á hostalería, un sector paralizado case na súa totalidade nestes momentos» debido á crise sanitaria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os labores de retirada da neve no inverno e de mellora do firme o resto do ano están encargadas á empresa Rafer para os concellos integrados na zona 8 do sur lucense

Seguinte Nova

Fachadas institucionais e edificios emblemáticos tinguíronse de verde no Día Mundial Contra o Cancro

A %d blogueros les gusta esto: