Novas restricións para o uso das instalacións deportivas e culturais de Monforte polo avance dos contaxios

Imaxe de arquivo dos traballos de desinfección previos á reapertura das pistas de atletismo municipais en Monforte, logo da primeira ola da pandemia. GPCM

A nova normativa establecida pola Xunta de Galicia para frear a onda de contaxios por covid-19 entrou en vigor o mércores 27 de xaneiro ás 00:00 horas, e estará operativa ata o 17 de febreiro. Dende o Concello de Monforte informaron que en cada instalación municipal hai un cartel co aviso sobre a situación particular de uso de dito espazo. Con todo, as especificacións da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia teñen consecuencias en todos os municipios.

PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS
En canto ás instalacións deportivas, están pechadas ao público a piscina climatizada municipal, o ximnasio, as pistas de tenis e a cafetería do complexo deportivo; o estadio municipal da Pinguela e as pistas de atletismo Saleta Fernández; o campo de fútbol Luis Bodegas; o pavillón municipal da Pinguela; e os pavillóns polideportivos municipais situados nos centros educativos sobre os que hai convenio coa Consellería de Educación. O peche afecta tanto á actividade física federada como á non federada, e abrangue tanto os adestramentos como as competicións.
Segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2021 da Xunta, só poderán estar abertas estas instalacións para casos de adestramentos ou competicións de ámbito estatal. Nestes casos, os deportistas deberán acreditar documentalmente esta consideración, e contactar previamente coa Oficina Municipal de Deportes.
INSTALACIÓNS CULTURAIS
En canto ás instalacións culturais no sur de Lugo, a medida da Xunta supón o peche das Bibliotecas Municipais, dos Auditorios Municipais e da Casa da Cultura ou recinto similar. Segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2021, todas as actividades culturais e expositivas que se leven a cabo en dependencias municipais quedan suspendidas.
Dende o Espazo Xove de Chantada avisaron de que entran na consideración de «centro de natureza análoga» aos centros sociais, sociocomunitarios e clubs de xubilados» que suspenden a actividade grupal programada a partir do 27 de xaneiro. Pero dende o Espazo Xove especifican que, «co interese de seguir ofrecendo un servizo público á mocidade, mantense a atención individualizada presencial polo sistema de cita previa no 982 870258 e espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos vestiarios para o complexo deportivo do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

Seguinte Nova

Publicidade

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: