O piloto monfortino levou a imaxe de Monforte e Galicia ao Rally Dakar

Despedida oficial diante do Concello de Monforte ao piloto Eduardo Iglesias, antes de saír para Arabia Saudita a finais de decembro. O acto contou coa participación, entre outros, do alcalde de Monforte, José Tomé, e da tenente de alcalde, Gloria Prada. GPCM

Do 3 ao 15 de xaneiro, o piloto monfortino Eduardo Iglesias participou no Rally Dakar en terras de Arabia Saudita. Nesta proba, a máis famosa do mundo no eido dos rallys, tivo a Iglesias como único motorista galego en competición, o que supuxo unha boa ocasión para divulgar a imaxe de Monforte de Lemos e de Galicia neste escaparate internacional que é o Dakar.

NO POSTO 53
Antes de partir para Arabia Saudita, Iglesias foi recibido no Concello de Monforte polo alcalde, José Tomé. Na despedida ao piloto, o rexedor desexoulle «a maior das sortes e todo o apoio e a forza» en nome de todos os monfortinos.
Eduardo Iglesias rematou o Rally Dakar no posto 53, cunha marca de 29 horas e 33 minutos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio provincial á dinamización social e cultural que leva a cabo o colectivo Xermolos

Seguinte Nova

Novos vestiarios para o complexo deportivo do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: