Apoio provincial á dinamización social e cultural que leva a cabo o colectivo Xermolos

Sinatura do convenio entre a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e Alfonso Blanco, fundador e coordinador da asociación Xermolos, a mediados de xaneiro. GPVDL

A Área de Cultura da Deputación, a cargo da nacionalista Maite Ferreiro, destinará 20.000 euros a apoiar o labor de dinamización sociocultural que vén realizando dende hai máis de 40 anos a asociación Xermolos. Impulsada e coordinada por Alfonso Blanco, Xermolos leva catro décadas dando pulo a diversas iniciativas, como é o Festival de Pardiñas, que este ano cumpriu o seu 41 aniversario desafiando á pandemia e adaptándose ás circunstancias. «Unha filosofía filosofía na que coincidimos porque cremos que a cultura é imprescindible e que as creadoras e creadores necesitan agora máis que nunca do noso apoio”, salientou Ferreiro na sinatura do convenio. Ademais deste evento, Xermolos organiza anualmente decenas de actividades en varios eidos, e mantén espazos como A Casa da Artes e a Casa das Palabras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematada a ampliación da Biblioteca Municipal de Sarria cunha achega da Xunta

Seguinte Nova

O piloto monfortino levou a imaxe de Monforte e Galicia ao Rally Dakar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: