Rematada a ampliación da Biblioteca Municipal de Sarria cunha achega da Xunta

Visita do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, á Biblioteca Municipal de Sarria para supervisar o resultado da ampliación, o pasado 29 de decembro. GPXG

A Biblioteca Municipal de Sarria abre o ano cunha nova organización de espazos. A finais de ano, quedaba completado o proxecto de ampliación deste espazo cultural sarriao, financiado cunha achega de 24.000 euros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
NOVA SALA DE ESTUDO
Como resultado desta intervención, a Biblioteca dispón dunha nova sala de estudo separada da zona de lectura, e que se sitúa na planta semi-soto, ata agora infrautilizada. O traslado deste espazo supuxo a liberación da planta principal, que se viña empregando como zona mixta, para destinala exclusivamente a lectura e almacenamento do fondo bibliográfico. Ambas plantas están comunicadas cunha escaleira interna, que permite o funcionamento independente dos espazos sen impedir o fluxo de usuarios entre as dúas dependencias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio da Deputación de Lugo ás actividades da Fundación Uxío Novoneyra

Seguinte Nova

Apoio provincial á dinamización social e cultural que leva a cabo o colectivo Xermolos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: