A provincia de Lugo estrea ano cuns Orzamentos de 92,5 millóns de euros

• O presidente da Deputación salientou que as contas aprobadas para 2021 adican un terzo do orzamento a políticas sociais

O presidente da Deputación, José Tomé, atende as preguntas dos medios logo da aprobación definitiva dos Orzamentos 2021. GPDL

A Deputación de Lugo comeza o ano 2021 cos deberes feitos, logo de acadar a aprobación definitiva dos Orzamentos no Pleno celebrado o 30 de decembro. Deste xeito, o organismo provincial dispón dende o 1 de xaneiro de 2021 cun orzamento de 92,5 millóns de euros, un terzo deles dedicado a políticas sociais, co obxectivo de seguir traballando da man dos concellos e do tecido social e produtivo de cara a mellorar e aumentar os servizos públicos, así como favorecer a reactivación da economía fronte aos efectos da pandemia.
POLÍTICA SOCIAL, EMPREGO E INCREMENTO DO PLAN ÚNICO
Dende a Deputación salientaron que a aprobación dos Orzamentos cumpre co obxectivo que marcou o presidente da entidade provincial, José Tomé, ao inicio do mandato de contar dende principios de ano cun instrumento inversor fundamental para a provincia.
A políticas sociais destínanse 30 millóns de euros, incrementando ata os 9 millóns a partida para o mantemento e creación de emprego, o dobre que no exercicio anterior.
Pola súa banda, as partidas de apoio ao sector agrogandeiro medran un 13%, ata sumar 2,3 millóns de euros. Tamén se incrementan os fondos destinados ao turismo, que serán de 3 millóns, un 10% que o ano pasado.
O Plan Único, destinado á cooperación cos concellos, aumenta ata os 21,5 millóns de euros, e abre unha nova vía de apoio a todo o sector servizos, un dos máis afectados pola crise derivada da pandemia. •

• Tamén arrancou o ano coa aprobación das bases do Plan Único, que ascende ata os 21,5 millóns de euros, e abre unha nova liña de apoios ao sector servizos

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

2021 será «o ano da mellora do tren na provincia de Lugo» con diversas actuacións xa en marcha

Seguinte Nova

Os máis de 2,7 millóns de euros do Orzamento de Sober priman o gasto social e os investimentos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: