A Xunta completou os traballos de renovación do firme no corredor de Monforte

• O investimento nestas obras foi de case medio millón de euros

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou o resultado dos traballos no corredor de Monforte, a finais do mes pasado. GPXG

A finais de 2020, quedaron rematados os traballos de mellora do firme da vía de alta capacidade 2.1 de Monforte de Lemos, que comunica os dous corredores de acceso á cidade do Cabe dende Nadela e Chantada. Nesta intervención, o Executivo autonómico investiu preto de medio millón de euros.

NOVO PAVIMENTO PARA DAR CONTINUIDADE CO DOS TRAMOS DE CHANTADA E NADELA, MÁIS RECENTES
Segundo lembrou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na visita que fixo a Monforte a finais de decembro, o proxecto de renovación do firme afectou á totalidade do trazado deste vial, con 2,8 quilómetros de lonxitude. O proxecto incluiu o acondicionamento integral da capa de rodadura, con fresado do firme existente en calzada e beiravías, ademais de fresados localizados da capa intermedia en zonas nas que se apreciou deformación. Deste xeito, conseguiuse homologar o pavimento coas mesmas características que posúen os dous corredores cos que enlaza, que son de construción máis recente.
O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, comentou dende Monforte que estes traballos «melloran as condicións de adherencia e visibilidade, achegando maior seguridade para os usuarios da vía”. Esta estrada supera un tráfico de case 3.700 vehículos diarios, e máis do 8% deles son vehículos pesados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acondicionamento do firme e actuacións en emerxencias, eixos do plan de conservación das estradas da Deputación

Seguinte Nova

2021 será «o ano da mellora do tren na provincia de Lugo» con diversas actuacións xa en marcha

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: