Galicia está en nivel de restrición máxima durante tres semanas para frear a expansión dos contaxios por covid-19

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no anuncio das medidas de restrición máxima, o pasado 25 de xaneiro. GPXG

Dende o mércores 27 de xaneiro, e durante un mínimo de tres semanas, Galicia está no nivel de restrición máxima. Así o anunciou en rolda de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que xustificou a medida en que «todas as áreas sanitarias están a soportar unha presión importante e é necesario reducila, e iso implica a todos os galegos e a todos os concellos».Feijóo fixo fincapé na necesidade de limitar ao mínimo as interaccións, relacións sociais e a mobilidade. A nivel práctico, as reuniíons limítanse aos conviventes (agás no traballo e no coidado de maiores ou menores). A mobilidade reducirase ao propio concello, “salvo cando non quede máis remedio” para acudir ao médico, a un centro docente ou ao traballo. O toque de queda manterase no máximo que autoriza o Goberno central, ás 22,00 horas. Sanidade, educación, coidado de maiores e menores, traballo e comer serán actividades esenciais, pero non se permiten visitas aos enfermos, agás que sexan dependentes ou menores.
O comercio esencial seguirá funcionando como ata agora, e o non esencial estará aberto ata as 18:00 horas. Os centros comerciais pecharán durante as fins de semana.
A práctica deportiva queda restrinxida ao deporte individual ao aire libre e exclusivamente no propio concello, co peche dos ximnasios e espazos similares. Seguen suspendidas as competicións autonómicas.•

Vacinados o 100% dos usuarios e traballadores das residencias da Deputación

Imaxe da vacinación dos usuarios das residencias da Deputación. GPDL

A mediados de xaneiro, a totalidade dos usuarios e traballadores das residencias da Deputación de Lugo tiñan recibida a primeira dose da vacina contra a covid-19. A campaña desenvolveuse «con absoluta normalidade, sen incidencias», segundo informaron dende o organismo provincial. O presidente da Deputación destacou que «este paso trouxo esperanzas ás residencias, xa que os usuarios levan moitos meses con saídas limitadas e vendo pouco aos seus familiares».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mensaxe de fin de ano do presidente Alberto Núñez Feijoo

Seguinte Nova

O alcalde de Quiroga esixiu medidas máis restritivas ante o incremento de casos de covid-19 no municipio

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: