Sober anima a comprar o viño de Amandi para o Nadal coa campaña “Amandízate”

O alcalde, Luis Fernández Guitián, na presentación da nova campaña promocional #Amandízate na Praza do Concello de Sober, a mediados de novembro

NADAL CON VIÑOS DE AMANDI. En Sober seguen con proxectos para poñer en valor a súa riqueza, nesta ocasión centrándose no viño e nas celebracións de finais de ano. No tramo final deste atípico 2020, o Concello lanza a campaña “#Amandízate, este Nadal brinda con viño de Amandi”, co obxectivo de promover a venda dos viños desta subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O slogan estase a difundir nos medios de comunicación e nas redes sociais, xunto a un listado con todas as adegas de Sober que están a vender viño. O directorio vai acompañado de cadanseu número de teléfono e páxina web para que os consumidores poidan tramitar os pedidos de botellas de viño de Amandi, e desfrutar do Nadal brindando con este produto autóctono.
Dende o Concello soberino animaron a compartir nas redes, a través do cancelo #Amandízate, da foto do brinde diante das letras de gran tamaño e color viño que se colocou na Praza do Concello.
A campaña está integrada na axenda de actividades do Mes de Amandi, nun ano marcado pola pandemia. O acto principal será a Feira-Mostra do Viño de Amandi 2020, que terá lugar no Hotel Pazo de Sober os días 5 e 6 de decembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición fotográfica en Pantón

Seguinte Nova

Arrancan as obras para converter o corredor de Nadela-Sarria en autovía

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: