A rúa máis emblemática de Monforte recupera o acceso de vehículos no treito repavimentado, aínda que só para aqueles que conten con autorización expresa, entre os que se atopan ambulancias, bombeiros ou vehículos de aprovisionamento de combustibles.
A reapertua comunicouna o Concello a mediados de novembro, logo de escoitar o informe elaborado pola Policía Local no que se considera adecuada esta medida. O informe confirma sinala, segundo informaron dende o Concello, que o firme recentemente repavimentado se atopa consolidado e resulta apto para a circulación de vehículos.
As obras de arranxo do tramo peonil do Cardeal supuxeron a renovación do firme de granito. Dende que remataron os traballos pasaron varios meses, que serviron para garantir o axeitado acomplamento das pezas e a disposición óptima da plataforma da rúa para acoller tráfico rodado. As limitacións de acceso veñen dadas pola Ordenanza Municipal de Tráfico de Monforte, no disposto para as rúas da cidade que teñan consideración de peonís. •
Últimas noticias sobre SERVIZOS
A Xunta destina 155 millóns de euros para o Bono Coidado no Fogar e o complemento
O Grupo Municipal do Partido Popular en Sarria levará ao próximo pleno unha iniciativa destinada a
O pasado xoves, a Deputación de Lugo mantivo en funcionamento un operativo para axudar a aliviar
O compromiso de Monforte coa xestión sostible de residuos e a protección do medio ambiente reflicte-se
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu no seu despacho da Casa do Concello ó