Unha vintena de persoas especializáronse en enoturismo a través dun curso en Monforte

García Porto e Cheché Real departiron cos participantes no curso de enoturismo da APEHL

O Centro do Viño de Monforte acolle ata decembro un curso de especialización en enoturismo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), co apoio da Deputación. Preto dunha vintena de participantes estanse a formar en aspectos como a elaboración de catas de viños, o servizo e xestión de sala, o traballo en adegas e a xestión do negocio. O curso tamén ofrece formación para crear produtos enoturísticos, a través de ferramentas de comercialización, marca, comunicación e marketing. As xornadas están a cargo de Xoán Cannas, do Instituto Galego do Viño. A Deputación colabora cunha achega de 60.000 euros á Asociación de Hostalería da provincia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O OBRADOIRO DE EMPREGO QUE PROMOVE O SAVIÑAO COMEZARÁ EN DECEMBRO.

Seguinte Nova

SÓ OS VEHÍCULOS AUTORIZADOS ENTRARÁN NO TRAMO PEONIL DO CARDEAL.

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: