10 millóns da Xunta para dar liquidez a autónomos e pemes

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha unha nova liña de préstamos dotada con 10 millóns de euros para axudar aos autónomos, microempresas e pemes con problemas de liquidez por mor da pandemia.

MEDIDA «COMPLEMENTARIA» EN FORMA DE PRÉSTAMOS DIRECTOS
“Serán préstamos directos de entre 3.000 e 500.000 euros” explicou o presidente Feijoo en rolda de prensa, subliñando que esta nova axuda complementa ás medidas xa postas en marcha para poder atender ás necesidades dos profesionais e sectores empresariais máis afectados pola covid-19.
Dende o Executivo autonómico precisaron que os beneficiarios destes créditos con xuros baixos e próximos ao 0% son os autónomos e as empresas que se dedican a ocupacións como a economía social; o ocio nocturno e a hostalería; a industria cultural e de lecer; as que realizan a súa actividade principalmente no verán, como as orquestras; e as que non teñen un emprazamento único, como os feirantes, entre outros colectivos.
Os beneficiarios disporán dun prazo para a devolución de ata sete anos, nos que están incluídos tres de carencia. Así mesmo, poderán destinar os créditos a gastos de persoal, impostos ou arrendamentos.
O titular da Xunta subliñou que esta nova liña contempla a simplificación de trámites e requisitos para achegalos ao maior número posible de autónomos e pemes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo avanzou a nova estratexia do sector lácteo

Seguinte Nova

O monfortino Eduardo Iglesias promocionará Galicia Calidade no Rally Dakar

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: