A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade decidirase o vindeiro verán en China. En esa data, está prevista a reunión do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco, que tomará a decisión definitiva.
O anuncio fíxose logo da reunión telemática do Consejo de Patrimonio Histórico, celebrado o 20 de novembro, e no que participou a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Na xuntanza, analizáronse as candidaturas españolas a entrar neste listado.
Na reunión estivo presente o embaixador de España diante da Unesco, Juan Andrés Perelló, e representantes das diferentes comunidades. Unha das novidades da reunión foi a confirmación de que Galicia e Portugal irán da man para entrar no Rexistro de Boas Práticas de Salvagarda da Unesco. O proxecto, que se presentará o vindeiro ano baixo a denominación «Ponte…nas ondas!», está pensado para os escolares, e impulsado por unha asociación de docentes para promover a integración do patrimonio cultural.
CONTACTO INTENSO COS EXAMINADORES DA UNESCO NA RECTA FINAL
Dende a Xunta lembraron o intenso traballo técnico que se leva impulsando dende 2015 por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xa na recta final deste longo proceso, clave para a Ribeira Sacra, a Xunta está intensificando os contactos cos examinadores da Unesco, que visitaron hai pouco o territorio para dar fe en directo do seu valor patrimonial, cultural e paisaxístico. •
Últimas noticias sobre PORTADA
O Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu, por unanimidade, que o Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra
A Xunta destina 155 millóns de euros para o Bono Coidado no Fogar e o complemento
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
Un ano máis, a multitude de actividades programadas, que con pequenos axustes pola ameaza de choiva