Dous deportistas do ximnasio Neka, convocados coa selección española de taekwondo

A pesar das dificultades derivadas da pandemia, o deporte de alta competición continúa dando alegrías a Monforte. Nesta ocasión, dous deportistas do Neka foron elixidos para ter presencia en competición internacional. Laura Álvarez e Álex Camba foron convocados pola selección española de taekwondo para ir ao Campionato do Mundo on line. Para os dous é a súa estrea individual nesta competición, aínda que Camba xa estivera presente nun Mundial outras dúas veces, competindo na modalidade parella con Elena Varela. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

MÁIS PREMIOS EN SARRIA PARA PREMIAR AOS CLIENTES E APOIAR AOS PEQUENOS COMERCIANTES

Seguinte Nova

Galicia rexistra un total de 7.537 casos activos por coronavirus

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: