O BNG esixe á Xunta “unha alternativa digna” ao alumnado do CEIP Frei Luís de Granada

•O deputado sarriao Efrén Castro cualifico de “tomadura de pelo” da Xunta ás familias con fillos escolarizados na Escola Fogar, porque o edificio “non cumpre coa normativa en aspectos básicos”

A deputada Carme Aira, e o voceiro do BNG na Deputación, o sarriao Efrén Castro, diante do parking que se emplea como patio neste centro.

A problemática do edificio da Escola Fogar segue xerando controversia política. O Bloque Nacionalista Galego continúa insistindo “que o edificio non está en condicións para acoller ao alumnado”, segundo afirmou o deputado Efrén Castro a finais de outubro. O tamén voceiro do Grupo do BNG na Deputación de Lugo baseou a súa afirmación “no que ratifica o informe do Concello de Sarria” sobre este inmoble, “que non cumpre coa normativa en aspectos tan importantes como a seguridade fronte aos incendios ou a accesibilidade”. Castro tamén lembrou que este edificio “tampouco conta con espazos tan necesarios como biblioteca, ximnasio ou patio”.
O deputado sarriao esixiu á Xunta “que deixe de mentir” ás familias e ao alumnado do CEIP Frei Luís de Granada, reclamando que o Executivo autonómico “dea unha solución a este problema, facilitando ao alumnado un espazo digno e que cumpra coa legalidade”, na liña do que vén demandando a comunidade educativa para lograr unha reubicación alternativa á que decidiu o Goberno galego.

“A XUNTA NON TOMA EN SERIO OS PROBLEMAS DE SARRIA COS CENTROS EDUCATIVOS”
Pola súa banda, a deputada Carme Aira lembrou en Sarria a iniciativa que levou ao Parlamento galego sobre este tema. Aira criticou que “a Xunta non toma en serio os problemas que ten Sarria cos centros educativos, negados polo propio conselleiro”, segundo afirmou a nacionalista.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CCOO MONFORTE CRITICA AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE SOBRE AS SUPOSTAS «TELEVACACIÓNS» DA PLANTILLA MUNICIPAL NO CONFINAMENTO

Seguinte Nova

A Deputación custeou os 182.000 euros da traída de auga a Santa María de Marrube

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: