Estrea do selo de calidade Artesanía Alimentaria

•O novo distintivo servirá para poñer en valor os produtos do agro e do mar feitos de xeito tradicional

Presentación do selo Artesanía Alimentaria, nun acto no que participaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director de AGACAL, José Luis Cabarcos, a finais do mes pasado.

A aposta pola calidade dos produtos autóctonos e a valorización dos procesos tradicionais xúntanse nun novo distintivo. A finais de outubro, deuse a coñecer o selo de calidade Artesanía Alimentaria, unha norma «necesaria e útil tanto para os artesáns como para os consumidores en xeral», en palabras do conselleiro do Medio Rural, José González. O titular autonómico participou na presentación oficial desta iniciativa, dous meses despois de que a Xunta publicara o decreto que regula a artesanía alimentaria en Galicia.
O acto público contou coa participación de representantes institucionais, como o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarcos, e tamén de referentes do sector. Entre os presentes, estivo Carlos Brea, de Cervexa Toupiña, un obradoiro de cervexa artesá; Alberto Rodríguez, do obradoiro de confeitaría Pastelería Estilo; e Brígida Hermida, do obradoiro de xeados Xearte Brigitte.

SELO QUE RESPECTA «A GRAN TRADICIÓN» DE PRODUTOS ALIMENTARIOS ARTESANAIS
O conselleiro mencionou a importancia de contar cun selo destas características, que supón un marco de referencia para fixar os principios que permitan denominar un produto como «artesán». José González precisou que este selo definiuse «a partir do respecto á gran tradición existente en Galicia en canto á elaboración de produtos artesanais».

PULO AO PEQUENO PRODUTOR E UNHA APOSTA POR DINAMIZAR O RURAL
Ademais, un dos obxectivos desta iniciativa é precisamente que non se perdan estes procedementos tradicionais «fronte á estandarización derivada das formas modernas de produción». Outro dos eixos que sustentan a iniciativa é apoiar dende a Xunta ao produtor pequeno e artesanal mediante un distintivo «propio e único», o que contribuirá, segundo salientou González, a «xerar riqueza, emprego e frear o despoboamento do rural». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Asinado o convenio entre o Concello e a Xunta para as axudas á rehabilitación en Monforte

Seguinte Nova

Presentan en Lugo unha tese doutoral sobre a raza do porco celta

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: