Este sistema, posto en marcha pola Xunta a finais de outubro, é totalmente gratuíto. No anuncio, o presidente da Xunta destacou a importancia desta medida «fundamental para que as explotacións agrogandeiras poidan subsistir», o que non só axuda aos titulares das granxas, senón tamén ao mantemento da cadea de industria da alimentación en Galicia. Do que se trata, segundo precisou Núñez Feijóo, «é que non haxa efectos complicados, e que non haxa ningunha explotación que teña que pechar por non poder atender os aspectos básicos do seu funcionamento ordinario».
Entre as funcións que desenvolverán os traballadores de substitución están «a alimentación do gando, o muxido das vacas en ordeño ou a xestión de produtos perecedoiros».
O servizo está encomendado á empresa pública Seaga, cunha dotación de 1.600 días de traballo mediante cuadrillas de dúas persoas, equipadas con vehículo e con materiais de protección laboral e sanitario fronte á covid-19. •
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
NADAL CON VIÑOS DE AMANDI. En Sober seguen con proxectos para poñer en valor a súa
O Concello do Saviñao vai premiar a creatividade dos máis cativos aproveitando que o Nadal está
Os sucesivos documentos que a Xunta está a elaborar para regular as diferentes actividades nestes tempos
As peticións dos máis cativos de Triacastela a Papá Noel ou os Reis Magos farase este
O comercio sarriao non para nin coa pandemia, e segue a promover iniciativas de dinamización pensando