Adxudicados os traballos de restauración de Santo Estevo de Ribas de Miño no Saviñao

•O proxecto, cun orzamento de 312.000 euros, permitirá eliminar as filtracións e humidades que deterioran este inmoble, catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1931

O anuncio da adxudicación da restauración de Santo Estevo coincidiu coa visita do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o pasado 29 de outubro.

O coidado e posta en valor do patrimonio monumental da Ribeira Sacra continúa en marcha, cun novo proxecto de restauración. A finais de outubro, a Xunta adxudicou as obras para resolver os problemas de humidade na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, unha das obras máis representativas do románico lucense. Os traballos, nos que a Xunta inviste 312.000 euros, teñen un prazo de execución de nove meses.
O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou o detalle deste proxecto, durante a visita que fixo ao Saviñao a finais do mes pasado. Arias precisou que se vai restaurar a cuberta da nave e da ábsida, ademais de cambiar as fiestras por outras que permitan unha ventilación continua. As gretas da envolvente cubriranse con morteiro de restauración, e se recolocarán as pezas inestables da cornixa.
O proxecto tamén inclúe a recuperación de elementos escultóricos da portadas, dos ocos e da cornixa, así como das partes deterioradas das portas principal e laterais. Arias salientou que este proxecto é posible logo do convenio asinado no mes de xuño entre a Consellería de Cultura e a Diócese de Lugo, que permitiu poñer a disposición da Xunta este inmoble, catalogado como BIC dende 1931. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra estrea Pacto pola Paisaxe para protexer a súa riqueza natural

Seguinte Nova

PERSOAL DE SUBSTITUCIÓN SEN CUSTES PARA GRANXAS CON TRABALLADORES EN CORENTENA.

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: