Entre as novas actuacións que ten na axenda inmediata a Deputación de Lugo está o acondicionamento da estrada LU-P-4102, que une as capitalidades dos municipios de Pantón e O Saviñao.
Segundo explicou a voceira socialista no organismo provincial, Pilar García Porto, a Deputación vai investir un total de 150.000 euros para mellorar as condicións de seguridade da estrada entre Ferreira e Escairón, «unha vía de comunicación moi importante para os veciños e veciñas destes dous concellos da Ribeira Sacra».
García Porto precisou que o proxecto inclúe a rehabilitación do firme deste vial nun tramo de tres quilómetros. O prazo para executar esta obra é de seis meses.
O arranxo forma parte da nova quenda de investimentos liberados pola Deputación para mellorar a rede de estradas provinciais. Xunto ao proxecto xa mencionado, o organismo provincial aprobou os traballos na estrada de Chantada ao encoro por Sabadelle, e a da LU-P-3103 en Mondoñedo. O lote aprobado supón un investimento total de 250.000 euros. •
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
•Suprimirase o aliviadoiro do Parque dos Condes, para evitar máis verteduras ao río Cabe Monforte beneficiarase
•O treito irá protexido con valla reforzada para evitar asaltos de xabarís Xa están en marcha
As obras da cuberta do Multiusos de Monforte será sufragadas co apoio da Deputación. Esta cofinanciación
•No convenio, o Concello do Saviñao asumiu a contratación da obra e a redacción dos informes,
Tomé anunciou un plan global que destinará 295.000 euros para resolver a accesibilidade a edificios públicos