O músico galego e director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, vén de debutar como tubista na Orquestra do Teatro da Scala de Milán, a formación de ópera máis importante do mundo.
Franqueiro incorporouse á primeira plantilla desta orquestra para interpretar á ópera de Verdi “Aida”, baixo a dirección de Ricardo Chailly, na que foi unha das primeiras producións da Scala de Milán tralo parón pola pandemia.
Segundo informaron dende o Concello de Sober, municipio no que exerce como director da Banda Municipal, Miguel Franqueiro recoñeceu que, con esta actuación, está a “cumprir un soño”. O músico citaba así as palabras da guía que acompañou á súa banda natal, a Unión Musical Ponteledesma, cando viaxaron a Italia hai 20 anos: “Todo músico que se prece soña con tocar aquí; nunca esquecín estas palabras”, recoñeceu.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O pasado mércores 13 de marzo, ás 20:15 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na
Mar LÓPEZ SOTELO Directora da Área de Historia e AntropoloxíaInstituto Europeo Campus Stellae
A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o próximo 28 de febreiro, unha exposición da
O Concello de Chantada está a dar pasos firmes para enriquecer a oferta cultural do municipio
A Concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o Concelleiro de Acción Cultural, César No, acolleron con