Sober foi parada da exposición itinerante “O Fin do Camiño”

A mostra fotográfica recolle unha visión íntima e singular dos diversos xeitos de afrontar a ruta xacobea

A exposición “O Fin do Camiño”, organizada polo Colectivo Egeria, inaugurouse en Sober o 21 de outubro. GPCS

O mapa xacobeo do sur de Lugo tivo un novo fito, desta volta situado en Sober. A mostra itinerante “O Fin do Camiño” detívose neste municipio para trasladar o espírito e a experiencia menos turística e máis persoal daqueles que botan a andar os itinerarios que levan a Compostela.
UN MILLÓN DE PASOS NO CAMIÑO FRANCÉS
A exposición, organizada polo Colectivo Egeria, ofreceu un percorrido fotográfico da man de dous destacados fotógrafos galegos, Eduardo Ochoa e Carlos Puga, e que “reflicte especiais visións” dos roteiros xacobeos, “arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os aspectos máis sobranceiros”.
Aspectos como “a procedencia dos peregrinos, a peregrinación en multitude ou en solitario, peregrinos singulares ou anónimos, ou o millón de pasos que constitúe o Camiño Francés” son algúns dos matices que se reflicten neste proxecto fotográfico, e que van acompañados de breves glosas de firmas sobranceiras como Urbano Lugrís, Cervantes, Machado ou Cunqueiro, entre outros.
A mostra contou coa colaboración da Xunta a través do programa “O Teu Xacobeo”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón avanza na oferta dun turismo cultural máis inclusivo

Seguinte Nova

Miguel Franqueiro, director da Banda de Música de Sober, debutou coa Orquestra da Scala de Milán

Últimas noticias sobre AXENDA

A %d blogueros les gusta esto: