A Pobra do Brollón contará cun tractor e una rozadoira para o equipamento municipal

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora nesta compra cun novo convenio •O equipo axudará á prevención dos lumes forestais, e tamén a mellorar os accesos ás aldeas

Sinatura do convenio de colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e a Deputación de Lugo. Na imaxe, o alcalde, Xosé Lois Maceda, e a deputada de Medio Ambiente, Mónica Freire, o 19 de outubro

O Concello de A Pobra do Brollón e a Área de Medio Rural da Deputación veñen de firmar un novo convenio de colaboración que permitirá a adquisición dun tractor e unha rozadoira para a limpeza das redes viarias de acceso aos núcleos rurais, ademais do mantemento das zonas verdes e espazos públicos do municipio.

REFORZO DO COMPROMISO MUNICIPAL DE MELLORAR A PREVENCIÓN DOS INCENDIOS
“Este convenio dotará ao noso Concello de novo equipamento no Parque Móbil, que nos permitirá seguir traballando no compromiso coa prevención de lumes forestais, así como no mantemento do bo estado de acceso aos núcleos rurais”, explicou o alcalde, o nacionalista Xosé Lois Maceda Vilariño

MÁIS CALIDADE DE VIDA NO RURAL E APOSTA POLA SÚA DINAMIZACIÓN ECONÓMICA
A deputada de Medio Rural, Mónica Freire Rancaño, sinalou que “a limpeza e o mantemento da rede viaria mellora a seguridade das comunicacións entre os núcleos de poboación, e nesa medida contribúe á mellora das condicións de vida da veciñanza». Logo da sinatura do convenio en Lugo o pasado 19 de outubro, a deputada nacionalista salientou que «a calidade das comunicacións e dos servizos que se ofrecen no rural son claves para a fixación da poboación e a dinamización económica, que son os obxectivos que nos marcamos desde a Área de Medio Rural”.

A DEPUTACIÓN ACHEGA 57.000 EUROS PARA ESTE EQUIPAMENTO
A idea do equipo de Goberno municipal é adquirir un tractor usado e unha rozadoira nova de dobre transmisión por un importe de 60.000 euros. O custo asumirase polas dúas partes, con 57.000 euros do departamento provincial de Medio Rural, e 3.000 euros achegados polo propio Concello da Pobra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación aproba 660.000 euros para arranxar tres estradas en Paradela e unha en Sober

Seguinte Nova

O Concello de Monforte non subirá os impostos municipais por sexto ano consecutivo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: