Homenaxe popular a José Luis Losada, “Taqui”

O mundo do deporte prepara unha homenaxe ao antigo concelleiro monfortino, Xosé Lois Losada, máis coñecido como Taqui, para os vindeiros días 5 e 6 de agosto. Deste xeito, dende a comisión organizadora (na que figuran os presidentes do Calasancio, Arenas, Monte Forte, Veteranos e Ceibe), xa deron a coñecer o programa de actos.

Deporte e música

O venres día 5 os actos comezarán ás seis da tarde coa recepción de autoridades e invitados no salón de plenos do Concello. Despois, ás sete da tarde, terán lugar diversas exhibicións de taekwondo, ximnasia rítmica e kung fu no campo Luis Bodegas, así como dous encontros de fútbol, e unha cea ás dez e media da noite no restaurante Don Manuel. Ademáis, a partir da unha da madrugada, varios grupos musicais amenizarán o fin de festa nun coñecido local da vila. Por último, o domingo día 6, os actos comezarán ás nove e media da mañá cun torneo de tenis de mesa no pavillón dos institutos, e rematarán cunha competición de piragüismo ás sete da tarde.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxitos para o Clube Ciclista Monforte no Open galego de BTT

Seguinte Nova

Medio Rural presenta en Lugo o proxecto da nova Lei de Montes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: