TEATRO PARA TODOS OS PÚBLICOS EN MONFORTE ATA FINAIS DE ANO

A concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentou o programa teatral para o último trimestre do ano en Monforte.

O Multiusos de Monforte acollerá oito obras de teatro ata finais de ano. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Marina Doutón, na presentación do programa cultural que mestura iniciativas procedentes da Rede Galega de Teatros e Auditorios e A Cultura Segue, da Xunta de Galicia, ademais do ciclo Seráns Teatrais que propón a Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O calendario arranca o xoves 15 de outubro, coa obra «Bernarda», da compañía Malasombra. O xoves 29 de outubro terá lugar a representación de «Chola a it girl», a cargo de ArtesaCía.
En novembro, o xoves día 12 porase en escea «A conquista da escola de Madhubai», pola compañía Teatro do Atlántico. Xa o 16, Contraproducións traerá a obra «A compañeira de piso». A programación para público adulto remata o xoves 10 de decembro, con «Curva España», a cargo de Chévere. Para os cativos, Teatro do Noroeste representará «Animais de compañía», o luns 28 de decembro.
Todas as sesións comezarán ás 20:15, agás o 28 de decembro, que empezará ás 18:00 horas. O prezo da entrada é de 5 euros para o público en xeral, e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación licitou de novo por 1,7 millóns as obras do centro de maiores da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

As novas restricións ante a Covid -19 levan ao Concello de Monforte a suspender temporalmente as Escolas Deportivas Municipais

Últimas noticias sobre AXENDA

A %d blogueros les gusta esto: