A renovación de cargos que realizou en setembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estendeuse tamén ao ámbito provincial. Javier Arias Fouz tomou posesión do seu cargo como novo delegado territorial da Xunta en Lugo o 21 de setembro, nun acto no que tamén asumiron a representación provincial do Goberno galego Marta Fernández-Tapias en Vigo, Luisa Piñeiro en Pontevedra, Gabriel Alén en Ourense e Gonzalo Trenor en A Coruña.
Na súa intervención, Núñez Feijóo destacou o traballo de Arias como xefe territorial da Consellería de Infraestruturas de Lugo, «polo que coñece ben a comunicación e a vertebración da provincia».
PERFIL
Javier Arias, nacido en 1977, é licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo-CEU. No seu currículo académico figura un Máster en Urbanismo e Ordenación do Territorio, Máster en Dereito Ambiental e Diploma en Estudos Avanzados en Doctorado en Dereito Administrativo. Ademais, Arias é técnico urbanista e funcionario da Deputación de Lugo, e dende 2017 xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta en Lugo.
Na toma de posesión, Feijóo tivo palabras de agradecemento para o delegado saínte, José Manuel Balseiro, «que durante estes últimos catro anos percorreu varias veces toda a provincia de Lugo». •
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
Durante un encontro co goberno municipal, Ana Pontón expuxo a necesidade de apoio económico para garantir
O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou alegacións ao regulamento da escola infantil co obxectivo
O BNG de Monforte insta ao Concello a tomar medidas urxentes para abordar o preocupante estado
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, tomou a decisión de presentar unha cuestión de confianza relacionada